viernes 16 de marzo de 2012

SIN GANAS

No hay nada peor que despertarte sabiendo que el día de hoy, será exactamente igual al resto de días desde hace tiempo: desayunar, ducharse, estar sin hacer nada, comer, seguir sin hacer nada, ir a correr, cenar y dormir. Siempre la misma rutina, cualquiera me vale para romperla. Me gustaría tener algo más de vida social, pero soy muy reservado. En mi cabeza pienso que nadie quiere estar conmigo. Se que el problema está en mi, pero no tengo el remedio.

jueves 15 de marzo de 2012

NUNCA SABES O QUE TES ATA QUE O PERDES

¿Como reparar os erros que cometes? Gustaríame volver atras e cambiar un montón de cousas. Gustaríame saber pedir perdón e recoñecer os meus erros para que non volvan a pasar. Gustaríanme tantas cousas agora, pero xa é tarde. O feito feito está e non podemos facer nada para volver atras. ¿Porque nos temos que ver condenados agora por eses feitos? Eu sei que vou intentar non repetilos, sei que o vou intentar con toda a miña alma, sei que vou caer, pero levantareime con máis ganas e máis forza. Hai momentos na miña vida que me sinto completamente so, como nunha cova sen saída e sen luz, moi fria e para sempre. As ganas de cambiar de mundo vanse apoderando de min, pero eu sei que asi fago dano, e ese dano vouno evitar, romperei as pedras da cova, porque eu sei que podo.

Gustame esta canción: "El mejor eres tú"

miércoles 14 de marzo de 2012

ALGO QUE ME ANIMABA

O ano pasado estaba en segundo de bachiller. Facíaseme dura a semana, entre clase, clases, dormir pouco, estudar...etc. Pero alentábame saber que o venres, ía ir cos meus mellores amigos a ver unha película á casa dunha delas. Esa sensación de pensar que acaba a semana para estar todos xuntos, nunha casa, vendo películas, tomando xeado, palomitas e bebendo cocacola era o que naquel momento máis satisfacción me daba. Foi a miña ilusión durante ese ano, que tan so pensar neso, os luns pola mañá non me costaba levantarme, xa que era necesario que pasara para voltar a estar xuntos.

martes 13 de marzo de 2012

COUSAS QUE CHE CAMBIAN A VIDA

Dende sempre fun un rapaz moi xoguetón e curioso. Intentaba ser bo amigo e pasalo o mellor que puidera. Non paraba quieto, sempre tiña ganas de facer algo. Ata que como é típico, a pubertade cambiome radicalmente.
Chegou primeiro de eso, ía con xente descoñecida na clase, a excepción dun par de persoas. Polo que me volvín moi tímido. Senteime na segunda fila na clase, e estaba tan nerviosos que non me atrevia a xirar o pescozo para mirar cara atrás.
Foron uns días máis tarde cando o fixen. Iva xirando o pescozo moi paseniñamente observando toda a clase, ata que que ante a mirada doutro rapaz que chocou coa miña fíxome mirar bruscamente cara diante. Dende aquel día teño a mirada grabada na memoria. Todolos días me viña á mente esa mirada, moi bela, cheguei a pensar que estaba sendo víctima do amor a primeira vista, pero non podía ser, él era un home, e eu tamén.
Durante semanas seguinlle dando voltas. Estaba moi confuso e non queria comentalo con ninguen.(ademáis que xa moitos se burlaban e deixaban ver a súa opinión sobre os desta condición).

Un día no sofa da miña casa comecei a imaxinar que iso me gustaba, e imaxineime cousas. E dende aquela souben en como realidade era, un segredo que me gardaría para min moitos anos.

lunes 12 de marzo de 2012

UN PARAÍSO LLAMADO AMISTAD

Apenas solía viajar, pero últimamente he ido a varios lugares de gran interés turístico.
Alli me sentía muy cómodo. Estaba siempre impaciente por ver más sobre las ciudades en las que estaba.
Se que lo más bonito es poder compartir esas experiencias con amigos, todos hablan de ir a lugares físicos. Cuando me preguntan donde, yo respondo que donde mejor se está es donde se puede ser uno mismo, "estoy donde soy", y eso solo me pasa estando rodeados de amigos de verdad. Porque podemos estar en el peor país de todos, que si estas con tus amigos se vuelve una experiencia agradable.
Aprovecho para desear a mis amigos, y los amigos de verdad que no conozco, que se cumplan sus sueños!

viernes 9 de marzo de 2012

MALAS SOLUCIÓNS

Hoxe tiven unha discusión cunha amiga, por algo que lle sentou moi mal. O meu instinto fai que eu intente empeorar a cousa, co fin de que ela me perda cariño, para que nos distanciemos algo máis e asi facer que non o volva a pasar mal pola miña culpa.
Ata que punto é correcto isto? sei que ela non me vai olvidar, pero eu non son para nada perfecto, e sei que hai moitas posibilades de que eu lle volva a facer algo.
Intenteino moitas veces, pero non son capaz de cambiar, cada vez que fago algo intento afastarme máis desa persoa, o meu sentimento de culpabilidade e enorme e quitame as ganas de ter xente que me rodea e me quere.
Eu non quero facer máis dano.

E é que ademáis eu fagoo as cousas pensando que os demáis me queren por interese, ou por que lles convén, entón non falo as cousas, pero recordoas para non volver caer na trampa que eu so me imaxino que conspiran contra min.

miércoles 7 de marzo de 2012

TODO VEN POR ALGUNHA RAZÓN.

Gústame meterme ca xente, e chego a ser moi molesto. A simple vista son unha mala persoa, que me gusta facer tonterias de nenos de pouca idade. Eu metiame ca xente, sen cuertionar nada, pero agora meditei e sei porque o fago.
Sempre me costou facer amigos. Dende primeiro da eso volvinme unha persoa totalmente cerrada, que non contaba nada. E fun así ata que comecei a meterme coa xente. Intentaba mirar á xente "como por riba do hombro" para poder meterme con eles, xa que se os via como inferiores era capaz de falarlles. Do outro xeito son incapaz de falar, son unha persoa pouco interesante, e polo tanto aburrido, e se non me meto ca xente, entre min e o resto hai un silencio incómodo,todo o tempo. Necesito meterme coa xente para sentirme alguén sociable e que parace, a primeira vista, extrovertido e simpático.
Fágoo porque chama a atención, se non ninguén se fixa en min, e non queren coñecerme. Gustariame que a xente quixese coñecerme.